Leva funcionando como tal dende 1990 cumplindo agora 20 anos e na que se imparten clases de baile, gaita e pandeireta.

Un dos proxectos máis interesantes levados acabo por Abiñadoira é a publicación dos dous tomos de Albores de Sanxenxo,un libro cheo de fotografías antigas do Concello que se puido levar a cabo coa gran colaboración dos veciños do municipio.Outra das actividades levadas a cabo pola asociación é a semana cultural sendo o punto álxido a romaría que ten lugar o domingo rematando coa noite folk



XVIII Semana Cultural,ANO 2011

lunes, 20 de diciembre de 2010

GALICIA (1936-1939) , CARLOS VELO

Foi topado no "Arquivo do Estado Ruso de Cine Documental e Fotográfico" , en Krasnogorsk, Rusia, un documental que chega a ta nos co título de "Galicia".
Constaría o documental de 36 min. de imaxes dos que 16 se corresponden con Galicia.

Aparecen imaxes das Rías Baixas e imaxes dunha romaría na que aparecen gaiteiros, zanfona...
A autoría do documental é de Carlos Velo, nado en 1909 en Cartelle, Ourense e desaparecido no 1988, os 78 anos de idade, en México.

 O documental recibiu en 1936 o Diploma de Ouro na Exposición Internacional de París, otorgado por un xurado presidido por Luis Buñuel.
No documental aparecen tamén créditos debuxados por Castelao pero que parece ser que na cortometraxe conservada non se mostraban.

1 comentario:

Unknown dijo...

Ola, terás máis fotogramas co zanfonista? Para ver máis detalles da zaanfona e del, por se é posible identificalo.

apertas,
Castor