Como cada ano a Asociación Xironsa organiza a súa pequena festa a que todos estades convidados.
Terá lugar este sábada 28, no campo da festa de Corvillón, Cambados.
Poderedes disfrutar dunha tarde amena participando nos xogos tradicionais como é o da chave que cada ano conta con máis adeptos.
Bou de Bou e Canivela amenizarán o día estando tamén presentes os alumnos da Agrupación.
Contarán coa actuación do grupo de corda, acordeón e voz "Manso e amigos" por todos coñecidos.
O remate todo aquel que queira poderá animarse a subir ó palco.
E para os máis famentos unha gran mexiloada, chourizos do pais e rico viño para molla-la palleta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario