INCREIBLE¡¡¡¡
A SABER COMO ERA A CAMARA ACORAZADA.
ABIÑADOIRA
Leva funcionando como tal dende 1990 cumplindo agora 20 anos e na que se imparten clases de baile, gaita e pandeireta.
Un dos proxectos máis interesantes levados acabo por Abiñadoira é a publicación dos dous tomos de Albores de Sanxenxo,un libro cheo de fotografías antigas do Concello que se puido levar a cabo coa gran colaboración dos veciños do municipio.Outra das actividades levadas a cabo pola asociación é a semana cultural sendo o punto álxido a romaría que ten lugar o domingo rematando coa noite folk
Principal
XVIII Semana Cultural,ANO 2011
jueves, 7 de julio de 2011
domingo, 3 de julio de 2011
XVIII SEMANA CULTURAL ABIÑADOIRA
XOVES, 7 XULLO.
Día adicado os xogos tradicionais onde os que vos acheguedes poderedes participar nas carreiras de sacos,carreiras de zancos e moito máis. Praza do mar 20:00 hrs.
VENRES,8 XULLO.
Como tódolos anos temos un día adicado o teatro i este ano disfrutaredes e vos reiredes coa compañía de teatro "Orballo", de Portonovo. Iglesia vella 21:30 hrs.
SÁBADO, 9 XULLO.
Actuación da ACF Abiñadoira coa colaboración de AC Noutrora . 21:30 hrs. na Iglesia Vella.
DOMINGO, 10 XULLO.
O día máis esperado e co que se lle pon fin a unha semana chea de actividades, o día no que ten lugar a "ROMARÍA TRADICIONAL". Dará comezo a partir das 12:00 da mañá.
Sobre a 13:00 hrs. Poderedes disfrutar da actuación da ACF Xironsa de Corvillón, Cambados y dos pequenos da ACF Abiñadoira.
Durante o día a música i o baile animará a festa a cargo AC Abiñadoira para rematar a partir das 21:00hrs cunha foliada na que pode participar todo aquel que se preste.
Como sempre haberá viño, licor cafe,.....
Todolos beneficios que se consigan son para ACF Abiñadoira.
!!!!!!!ESPERÁMOSVOS A TODOS¡¡¡¡¡¡¡¡
viernes, 10 de junio de 2011
Memorial a os Campaneiros de Vilagarcia.
Todos os que vos animedes, mañá sábado a partir das 21:00 hrs podedes pasarvos polo Sixto de Soloveira, onde terá lugar unha foliada en memoria dos Campaneiros de Vilagarcía.
Animádevos a botar unhas pezas. Haberá unha mexiloada, empanada e por suposto viño e licor café
Animádevos a botar unhas pezas. Haberá unha mexiloada, empanada e por suposto viño e licor café
jueves, 2 de junio de 2011
"A Taberna das Roxas"
Un espectáculo teatro-musical ambientado nos anos 40, no que se nos mostra, como a nosa música enchía cada recuncho das vidas das persoas que frecuentaban a taberna das Roxas, i por outro lado se nos achega a peculiar historia da familia das Roxas.
Todo un éxito ata agora, levado os escearios pola A.C.F. Abiñadoria de Sanxenxo e a A.C. Noutrora de Ribadumia.
Podedes contactar coa Asociación mandando unha mensaxe a Abinhadoira@hotmail.com
XII Encontro de Música Tradicional do Mosteiro de Carboeiro.
Unha boa fin de semana chea de música e boa festa. Achegádevos.
Este sábado 4 de xuño, haberá baile, música, representacións teatrais, a exposición "Prebe probe", concertos e xa dende a mañá.
E pos qeu son de lonxe hai habilitada unha zona de acampada, boa comida e viño tampouco a faltar.
Podedes informárvos mellor pinchando no enlace da AGG que tendes a continuación.
Asociación gaiteiros galegos.
jueves, 28 de abril de 2011
miércoles, 20 de abril de 2011
chourizo films. Paco Charlin
Chourizo films son un grupo de mozos do Concello de Cambados que se xuntaron para iniciarse no "mundo cinematográfico" coa realización dunha serie de cortos.
O que tendes a continuación presentouse con motivo do 7º premio Ramón Cabanillas, nel aparece o coñecido músico de jazz Paco Charlin co contrabaixo (moitas veces acompañado nas súas actuacións por Virxilio da Silva, veciño de Sanxenxo) botádelle un ollo¡¡.
O que tendes a continuación presentouse con motivo do 7º premio Ramón Cabanillas, nel aparece o coñecido músico de jazz Paco Charlin co contrabaixo (moitas veces acompañado nas súas actuacións por Virxilio da Silva, veciño de Sanxenxo) botádelle un ollo¡¡.
Premios Ramón Cabanillas
Certame organizado polos libreiros de Cambados no que se recoñece a labor e traxectoria de escritores galegos vencellados con dito Concello. Terá lugar o 14 de Maio en Expo Salnes.
Este ano, está adicado a Emilio Insua, seguro que os que estivechedes no IES VILALONGA vos soa porque nel impartiu clases de literatura galega.
Un pouco de biografía para os curiosos.
Preparou, asemade, diversas edicións críticas e estudos da poesía de Antonio Prados Ledesma e do teatro de Antón Villar Ponte para a Universidade da Coruña e para a “Biblioteca 120” e recibiu os premios “Irmandiños” (Moeche, 1996, accésit), por un estudo sobre o xornal Galicia da Irmandade da Fala de Ferrol, e o “Ramón Piñeiro de Ensaio Breve” (Centro Ramón Piñeiro, Santiago, 2004), polo traballo Antón e Ramón Villar Ponte: unha irmandade alén do sangue.
Este ano, está adicado a Emilio Insua, seguro que os que estivechedes no IES VILALONGA vos soa porque nel impartiu clases de literatura galega.
Un pouco de biografía para os curiosos.
Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade compostelá, cunha tese sobre a figura de Antón Villar Ponte (2002), traballa actualmente como profesor de Lingua e Literatura no IES A Basella, en Vilanova de Arousa.
Socio fundador e directivo do Seminario de Estudos "Terra de Viveiro", membro do Grupo Etnográfico “Mascato" (Cambados) e activista da asociación ProLingua, foi poñente en diversos simposios, co-autor de varios libros de texto para bacharelato (Consorcio Editorial Galego) e tomou parte na elaboración de volumes colectivos como Literatura Galega. Século XX (A Nosa Terra, 2001), Historia da Literatura Galega (A Nosa Terra/AS-PG), Plácido Castro e o seu tempo (Consellería de Cultura, 2006), Xornalistas con opinión. 20 biografías (Ed. Galaxia/Consello da Cultura Galega, 2007) e Cento vinte e cinco anos de teatro en galego (Ed. Galaxia /Xunta de Galicia, 2007).
Colaborador frecuente dos semanarios Heraldo de Vivero, A Peneira e A Nosa Terra, mantivo a sección "Letras do Salnés" no Faro de Vigo (edición Arousa) e ten achegado traballos a revistas, de divulgación ou especializadas, como Casahamlet, Escrita Contemporánea, Anuario Galego de Estudos Teatrais, Tempos Novos, A Trabe de Ouro, Xistral, Llengua i Dret e Cerna. Fai parte do consello de redacción da revista Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Xunto co Cronista de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, foi distinguido en dúas edicións do premio “Ánxel Fole” (El Progreso/Fundación Caixa Galicia): en 2002, polo ensaio O primeiro Antón Villar Ponte, e en 2009, por Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal.
É autor, igualmente, dos estudos Sobre 'O Mariscal' de Cabanillas e Villar Ponte (Universidade da Coruña, 2005), Antón Villar Ponte e a Academia Galega (Edicións do Cumio, 2006) e Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo) (Seminario de Estudos Terra de Viveiro, 2010).
Como poeta, alén de ter participado na experiencia da editora “Letras de Cal”, escribiu os libros Devalar das esperas (Espiral Maior, 1995) e Acontece ás veces a ternura (Espiral Maior, 2005. Premio “Prados Ledesma” do Concello de Viveiro).
www.unhagrandechea.org.es/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)